top of page

BENVIDOS!

​Desde este blog queremos facilitar a participación dos alumnos, pais e profesores na nosa horta escolar.


Os pais e as nais atoparedes contido e fotos sobre as diversas tarefas que realizaremos ao redor do "recuncho verde" ao longo do curso, así como materiais para compartir cos vosos  fillos.

​

A horta escolar ecolóxica é o recurso por excelencia para educar nos valores sociais e ambientais ao ensinar actitudes de respecto pola natureza e de traballo en equipo.

"Procuremos sempre que as nosas accións deixen unha PEGADA VERDE no noso camiño"

​
POR QUE UNHA HORTA NA ESCOLA?

A horta escolar ofrécenos múltiples posibilidades. Permite traballar diversos contidos dun xeito divertido e participativo nos diferentes niveis educativos.
​

É un espazo experimental para abordar dun xeito práctico contidos curriculares de diferentes áreas.
​

Ao longo do curso, os alumnos aprenderán a identificar plantas e insectos, coñecer e participar no traballo de xardín, deberán planificar, medir, contar, observar...
bottom of page