Benvidos ao curso 2020-2021
- orecunchoverde
- 30 sept 2020
- 1 Min. de lectura
Actualizado: 19 oct 2020
SETEMBRO
Comezamos un novo curso visitando a nosa querida horta escolar cos máis pequenos de primaria. Saímos ao exterior felices para mergullarnos nun pequeno recuncho de natureza. Aprendimos que a vida continuou sen nós durante os últimos seis meses.
Medraron plantas e flores silvestres entre as coles, berzas e amorodos. Descubrimos que os caracois e as rulas fixeron das súas nas folliñas dos repolos.
Relaxámonos co recendo das aromáticas a beleza das caléndulas... Aprendimos que todas as herbas son boas, moitas son medicinais e merecedoras do noso respeto.
Agora toca preparar a terra con moito mimo para empezar un novo ciclo de cultivo invernal. Faremos compost coas plantiñas espontáneas para abonar a terra. Coa axuda das miñocas e un pouco de traballo en equipo, todo estará listo para plantar deliciosas verduras mentres aprendemos moitísimo ao aire libre.

Buscamos tesouros interesantes e os comentamos entre tod@s sentad@s no paracaídas.





Comments