top of page

FEBREIRO

  • Foto del escritor: orecunchoverde
    orecunchoverde
  • 13 feb 2020
  • 1 Min. de lectura

Actualizado: 28 feb 2020

Aprendendo da experiencia de anos anteriores, decidimos experimentar cun novo método para protexer as verduras de folla ancha, o alimento favorito das rulas.

Colocamos unha lona protectora de cultivos que á súa vez fai de invernadoiro e protexe das xiadas.

Este mes de febreiro comprobamos que as verduras que medraron máis foron as que estaban a cuberto.



O alumnado de terceiro de primaria aprendeu a identificar os diferentes cultivos desta tempada (allos, acelgas, repolos e herbas aromáticas).

Prepararon con paliñas de xardín o terreo para seguir sementado este trimestre, botando as plantiñas espontáneas no composteiro para facer abono.

Observamos o crecemento dos novos acivros e descubrimos un pequeniño que está a medrar de xeito espontáneo.




O tempo fíxose curto. Disfrutamos moitísimo e cada un de nós puido levar para casa unha presada de lavanda gardada no peto.

Durante estas semanas continuaremos o traballo plantando fabas e tamén bulbos de flores.


 
 
 

Comentários


A  horta ecolóxica

da nosa escola

Colexio Compañía de María 

A Coruña

TEL. 981. 25.03.50

  • White Facebook Icon
  • White Twitter Icon
  • White Pinterest Icon
  • White Instagram Icon

© 2020 Desenvolvido polo equipo de Educar en Verde. Compañía de María. A Coruña. 

bottom of page