top of page

MARZO

  • Foto del escritor: orecunchoverde
    orecunchoverde
  • 4 mar 2020
  • 1 Min. de lectura

Actualizado: 5 mar 2020

Os rapaces e as rapazas de primeiro de primaria, baixamos á horta a relaxarnos e pintar libremente o noso sentir ao estar en silencio e escoitando a natureza.




Sexto de primaria colaborou na horta plantando leitugas e preparando a terra para vindeiros cultivos.

Como non utilizamos ningún tipo de pesticida artificial fixemos uns regueiros de serrín para evitar que os caracois se acheguen ás leitugas. Agardamos que funcionen.

Tamén botamos abono orgánico.

Os nosos agricultores de terceiro de Ed. Primaria plantaron bulbos de narcisos, tulipáns e cebolas. Observaron e supervisaron a evolución da nosa hortiña. Atopamos moitos caracois e miñocas e aprendimos que estas últimas airean a terra e son moi beneficiosas para as nosas plantacións.


Este venres, se o tempo acompaña, seguiremos plantando flores e tamén fabas.

 
 
 

Comments


A  horta ecolóxica

da nosa escola

Colexio Compañía de María 

A Coruña

TEL. 981. 25.03.50

  • White Facebook Icon
  • White Twitter Icon
  • White Pinterest Icon
  • White Instagram Icon

© 2020 Desenvolvido polo equipo de Educar en Verde. Compañía de María. A Coruña. 

bottom of page